dimarts, 11 d’agost del 2026

Jazz de Ría - Festival de jazz na Costa Ártabra

X EDICIÓN

12 a 16 de agosto de 2026

narón, neda, cedeira, valdoviño

X EDICIÓN
12 a 16 de agosto de 2026
NARÓN· NEDA· CEDEIRA· VALDOVIÑO

Jazz de Ría é un festival de jazz pensado para a privilexiada Costa Ártabra. Desenvólvese nos concellos marítimos da comarca, baixo a mesma marca, sendo estes variábeis ao longo das diferentes edicións, conseguindo unha importante colaboración e un necesario diálogo entre estes lugares unidos polo mar. A tradición marítima e industrial e as súas características naturais foron fonte de inspiración para crear este festival.

A proposta artística procura un equilibrio entre o jazz galego e os proxectos máis interesantes do jazz estatal, apostando polo intercambio e a colaboración con artistas e festivais doutros lugares. A programación deséñase para as localizacións, polo que a integración no territorio é total. A participación da veciñanza e a recuperación da memoria son tamén parte da filosofía do Jazz de Ría. Todas as actividades son abertas, gratuítas e accesíbeis.

Coas últimas edicións en Narón, Neda, Cedeira e Valdoviño, o Jazz de Ría colocou a Costa Ártabra nun lugar destacado no mapa dos festivais de jazz, conseguindo unha cita de referencia non só musical, se non tamén turística, desde a sostibilidade e a responsabilidade co entorno natural e social.